Protexe os animais CEE de Panxón
domingo, 18 de junio de 2017
jueves, 15 de junio de 2017
Hoxe os presentamos algunhas das figuras de plastilina que fixemos para facer un stop motion, esta idea xurdio despois de realizar esta técnica noutro proxecto.
Fixemos diferentes animais con plastilina e agora estamos a montar unha historia onde poida verse todo o proceso do abandono dun can e un gato.
Representamos o abandono e despois a adopción.
Esperamos en breve terminalo para poder presentalo no noso blog.
lunes, 12 de junio de 2017
Gustaríanos mostrar nesta nova entrada unha das nosas propostas deste ano escolar, unha obra de teatro sobre o maltrato, para contarlle os nenos mais pequenos. Traballamos pero nos divertimos un montón.
Unha pequena mostra do noso esforzo.
Esperamos que os guste e mostrar a obra en breve sobre "o maltrato"
viernes, 19 de mayo de 2017
Hoxe gustaríanos compartir unha historia dunha cadela abandonada e maltratada.
Colaborando coa protectora de animais, poidemos ser partícipes desta historia, unha voluntaria atopou a Pequena nunha estrada, case sen forzas, levouna o veterinario, e comezou o protocolo: comprobar se tiña chip e proporcioñarlle os coidados necesarios.
Pero...... NON TIÑA CHIP, despois de días de coidados a voluntaria decidíu adoptala.
Aquí os presentamos a historia.
Despois de estar durante uns meses traballando neste proxecto, fixemos unha excursión.
Queredes saber a onde?
Tamén visionamos un video do Parque Natural de Cabárceno, e a continuación comparamos e contrastamos entre ambos ambientes e concluimos que o mellor lugar para vivir é no habitat natural de cada unha das diferentes especies animais.
viernes, 21 de abril de 2017
Hoxe fixemos unha Rutina de pensamento chamada: veo, pienso,me pregunto.
Cada un de nós tiñamos unha foto de diferentes situaciacións vividas cos cans, de pelexas, abandono, maltrato, e tamén de agarimo.
Unha vez cuberta a rutina, buscamos diferentes solucións para as situacións que no nos gustaban.
Unha vez cuberta a rutina, buscamos diferentes solucións para as situacións que no nos gustaban.
jueves, 23 de marzo de 2017
CHARLA SOBRE O COIDADO DOS CANS
A semana pasada visitamos a Protectora de animais Baisenpulgas para escoitar unha charla. Fomos todos os alumnos de primaria e dous compañeiros de secundaria que nos fixeron un vídeo que colgaremos na seguinte entrada.
Que aprendimos?
- Ensináronnos a pasear os cans.
- Explicáronnos que non podíamos facer barullo( berrar, dar golpes....)
- Non meter as mans dentro das xaulas.
- Achegarse con coidado aos cans para que nos cheiren.
- Ensináronnos a pasear os cans.
- Explicáronnos que non podíamos facer barullo( berrar, dar golpes....)
- Non meter as mans dentro das xaulas.
- Achegarse con coidado aos cans para que nos cheiren.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)